"Nós fuximos de facer propostas populistas imposibles de cumprir"

17/5/15

ENTREVISTA:    ESTHER IGLESIAS


Esther Iglesias                                     Marema para Diario de Bergantiños
﷯María Esther Iglesias Barreiro (Santa Comba, 1971). Traballou nos últimos anos no pazo Mar de Queo "aínda que agora mesmo (o alquilarse) estou parada”. Ponse á fronte por primeira vez de Compromiso por Galicia, despois de ser elixida por unanimidade nunhas primarias abertas.


Por que Compromiso por Galicia decide presentarse ás municipais en Carballo?
Somos un partido que levamos cerca de tres anos traballando coa xente, falando, escoitando e mirando polas súas necesidades que non son poucas. Cremos que é o momento de levar ese traballo ò concello e que a nosa voz é a voz dos veciños se escoite dende dentro.


E que alternativa podedes ofrecer dende Compromiso aos carballeses no panorama político actual do concello?
Pois eu creo que o actual goberno non goberna para todos os cidadáns por igual, que goberna para uns poucos. Soamente nós somos a alternativa para o resto.

Que destacaría das persoas que forman parte da candidatura de CxG?
Que é xente traballadora, comprometida, que non está aquí para facer  carreira política, senón que está aquí por vocación en axudar a xente e o noso pobo.

Cales son os principais eixes sobre os que se articula o programa electoral para Carballo?
Nós fuximos de facer propostas populistas imposibles de cumprir. O noso programa está baseado na transparencia, na participación cidadana, na presenza da ética, na xestión pública e no ben común, todo encamiñado a conquistar obxetivos que para nós son irrenunciables:Rexenerar as institucións locais, xestionar con eficiencia os recursos públicos e mellorar o benestar da cidadanía.

Que falta en Carballo na actualidade?
Do que prometeron falta case todo: O aparcadoiro soterrado, a ambulancia medicalizada, saneamento no rural, puntos de luz pública, zona verde para residentes, os sobreanchos nos camiños do rural...

Podería dicir algo bo e algo malo, na súa opinión, da actuación nos últimos catro anos do actual goberno municipal?
Na miña opinión creo que en tema de cultura aínda pode pasar, pero en canto a urbanismo, suspende.

Que valoración ten do traballo da oposición?
 A oposición nestes últimos cuatro anos estivo de vacación, eu non a vin por ningún sitio. Agora mas eleccións anda a decir o mal que o fixo o gobierno e o ben que o farían eles. Pos creo que tierno tempo abondo para demostralo e non ás portas das eleccións.

Estaría disposta a pactar con algunha das forzas políticas que lograran representación tras as eleccións se non tivesen maiorías absolutas?
CXG non fai pactos,cos votos da xente non se xoga, son sagrados.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...